Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O estado da cuestión

7 de xuño de 2018
Castelo de Soutomaior

Obxectivo: achegar o Pacto de Estado á realidade municipal do persoal que traballa activamente con vítimas de violencia de xénero desde o ámbito local, profundando nas diversas implicacións da súa posta en marcha e reflexionando sobre os diferentes ámbitos de aplicación.

Persoas destinatarias: persoal da Administración local, persoal dos centros de información á muller (psicólogas, avogadas, traballadoras sociais, axentes de igualdade…) e persoas que traballan na loita pola igualdade e contra a violencia machista.

  • De 9:00 a 9:30 h. Recollida de materiais e acreditacións
  • De 9:30 a 10:00 h. Apertura da xornada e benvida
    Carmela Silva Rego, presidenta da deputación de Pontevedra
    Isaura Abelairas Rodríguez, deputada delegada de Igualdade da Deputación de Pontevedra
  • De 10:00 a 11:30 h. “Pacto de Estado contra a violencia de xénero: xénese, evolución, situación actual e perspectivas”
    Ángeles Álvarez Álvarez, militante feminista, unha das fundadoras da Rede Estatal contra a Violencia de Xénero e voceira do Grupo Parlamentario Socialista na Comisión de igualdade do Congreso
  • De 11:30 a 12:00 h. Pausa para o café
  • De 12:00 a 14:00 h. Mesa redonda: “Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Análise desde o ámbito xurídico e social”
    Inmaculada Montalbán Huertas, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía e ex-vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, onde ocupou o cargo de presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero e da Comisión de igualdade
    M.ª Luisa Soleto Ávila, directora de Fundación Mujeres, especialista en políticas públicas de igualdade de oportunidades e compoñente do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero
  • De 14:00 a 16:00 h. Pausa para a comida
  • De 16:00 a 18:30 h. Obradoiros
    • Obradoiro A:
      “Xulgar con perspectiva de xénero como metodoloxía de impartición de xustiza equitativa”
      Gloria Poyatos Matas, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e presidenta da Asociación de Mulleres Xuristas (AMXE)
    • Obradoiro B:
      “Cambiar as imaxes para cambiar o mundo”
      Yolanda Domínguez Rodríguez, artista visual e experta en Comunicación e Xénero
    • Obradoiro C:
      “A atención primaria e o seu compromiso ante a violencia de xénero”
      Rosana Izquierdo Fernández, médica de atención primaria e responsable do grupo de traballo de violencia de xénero da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC)
  • De 18:30 a 19:30 h. “Pacto de Estado. E agora que?”
    M.ª Paz Filgueira Paz, maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller núm. 1 de Vigo
  • 19:30 h. Clausura

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:   https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-pacto-de-estado-contra-a-violencia-de-xenero.-o-estado-da-cuestion

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies