As vocalías teñen unha misión fundamental na nosa asociación e representan as pernas e os brazos da AGAMFeC.
Vocalía de Docencia
Vela polo desenvolvemento profesional, e as necesidades de formación dos nosos socios, para acadar o desenvolvemento da nosa especialidade e promover o aumento máximo de calidade dos coidados que prestan os nosos profesionais.
Vocalía de Urxencias
Promover a participación na AGAMFeC dos médicos de familia interesados nas urxencias, emerxencias e Atención Continuada.
Vocalía de Investigación
A investigación é esencial en todos os niveis de atención e para todos os profesionais de saúde, para prestar un servizo eficiente e de alta calidade, xerando coñecemento e contribuindo ao progreso do sistema de saúde. AGAMFeC, consciente delo pon a disposición dos seus socios, a vocalía de investigación.
Vocalía de Prensa
Coordina a relación da AGAMFeC cos medios. A súa misión é propoñer, deseñar e implementar accions de comunicación, co fin de promover a imaxe da AGAMFeC e para dar a coñecer á asociacion e os seus traballos no campo da investigación científica, no ensino, etc …
Vocalía de Residentes
O seu obxetivo é apoiar a formación dos Residentes como médicos de familia.
Vocalía de PAPPS – PACAP
Estimular a calidade da atención na atención primaria e promover a integración dun programa de actividades de prevención e promoción da saúde no ámbito das tareas normalmente realizadas nas consultas de atención primaria.
Vocalía de Medicina Rural
Desenvolver e difundir un tipo de medicina que ten características únicas e peculiares que lle dan unha identidade propia.
Vocalía Web
Velar pola calidade e actualización da nosa web, e a presencia dixital da AGAMFeC. A Innovación Tecnolóxica e os Sistemas de Información.