Por qué ser socio

Traballar trala facultade, os novos e vellos compañeiros, as gardas, as rotacións, as sesións clínicas, unha nova etapa da túa vida e… UNHA GRAN SOCIEDADE CIENTÍFICA: a semFYC.

¿Por qué ser socio da AGAMFEC?

  1. É Federada da principal Sociedade Científica de Medicina Familiar e Comunitaria en España, que defende e promove o perfil profesional do Médico de Familia.
  2. Unha cuota, o dobre de servicios: pertencerás á AGAMFEC e á semFYC.
  3. Acceso a revistas de impacto: Cadernos (a nivel de Galicia) e Atención Primaria ou Comunidade (a nivel da semFYC).
  4. Suscripción ventaxosa á revista AMF, medio de formación continuada da semFYC (complementada coa revista AMF-Joven).
  5. As nosas Xornadas de Residentes, tanto as autonómicas como as nacionais, que che permitirán seguir formándote e iniciar o teu currículum investigador.
  6. Descontos no resto dos Congresos e Xornadas de AGAMFEC e da semFYC.
  7. Facilidade de adquisición de obras do catálogo semFYC, o máis importante para o desenrolo da nosa Especialidade.
  8. Descontos en cursos de Formación como socio de semFYC
  9. Información Internacional de Medicina de Familia, con actividades para residentes
  10. Participación do coñecemento xerado polos grupos de traballo e programas da AGAMFEC, esperando a túa implicación nos mesmos.

FAITE SOCIO, en www.agamfec.com ou contacta con [email protected]
Se queres sentirte parte dunha ASOCIACIÓN para mellora-la labor profesional e comunitaria, coa última información e actualización.
¿Tes dúbidas? Pregúntanos en [email protected]

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies