Moitas grazas pola vosa participación nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC

Estimados/as colegas, relatores e participantes:

En nome do Comité Organizador das XXVIII Xornadas de AGAMFEC e no meu propio, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola vosa participación neste encontro. A vosa presencia, compromiso e entusiasmo nestas xornadas, foron esenciais para o éxito das mesmas; Nelas intercambiamos coñecementos, experiencias e fortalecemos os lazos que nos unen como comunidade médica.

Queremos agradecer a implicación do Comité Científico que velou en todo momento pola calidade cientifica das actividades así como os relatores por compartir os seus coñecementos e experiencias con todos os participantes.

Non quero esquecer as institucions de A Coruña, Concello, Reitorado, Deputación e Xerencia, polo seu apoio institucional imprescindible para que estas xornadas foran un éxito.

De forma especial agradecer a participación de Rubén Riós e a sua productora Claqueta Coqueta que nos permitiu disfrutar do seu documental “EXPEDICIÓN MENTAL” e facilitou que profesionais de saude e comunidade abordasen nun foro aberto a saude mental e, mais concretamente, o suicidio.

Foron dias moi intensos nos que poidemos escoitarnos, coidarnos e sair reforzados para continuar “co reto de seguir coidando”. Nestes tempos complicados para a nosa profesión, a mellor estratexia e permanecer xuntos para seguir construindo o futuro da Medicina Familiar e Comunitaria.

Chus Cerecedo Pérez

Presidenta Comité Organizador das XXVIII Xornadas da AGAMFEC

2 xuño 2026

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.