A AGAMFEC, a sociedade de máis de 1300 medicos/as de familia galegos, quere manifestar ante a cidadanía e os medios de comunicacion o malestar e rexeitamento do publicado no Faro de Vigo sobre as retribucións dos médicos/as galegos.
En primeiro lugar as cantidades brutas das que falan 93.000€ convírtensen en menos de 60.000 polas retencions e outras aportacións á seguridade social, colexio, etc.
A comparación coa retribución do presidente da xunta é inadecuada: todos sabemos que os politicos teñen pluses de participación nas comisións, dietas, plans de pensións, e vantaxes como vivenda, chófer, vehículo, secretarias que xa nos gustaría poder disfrutar aos cidádans do común. Todo isto sen falar das portas xiratorias e recolocacións suculentas que reciben ao final da súa vida política.
O que nos gustaría e daría informacion máis relevante é a comparación co salario dos médicos doutras comunidades autónomas. Aí temos datos: o salario dos medicos galegos con 30 anos de servizo ocupan o n⁰ 14 dos 18 sistemas de saúde.
Con respecto aos medicos novos con 5 anos de exercicio Galicia é a terceira peor pagadora só superada por Andalucia e Cataluña.
Sorpréndenos a información, non sempre fiable, das retribucións dos médicos que non ten parangon con outros altos funcionarios da admnistración: catedráticos, notarios, avogados do estado, xuíces, etc. Semella un sinalamento que non acabamos de comprender, salvo que teña algunha intencionalidade política no tempo das reivindicacións e mobilizacións dos sanitarios.
E aquí vén o derradeiro reproche ó informe: quérese transmitir a idea que os médicos protestamos sendo uns “privilexiados”?
Na AGAMFEC levamos publicadas ducias de comunicados, apoiado movilizacións e folgas e pódese comprobar que en ningún caso as reclamacións son salariais. Sempre reclamamos: tempo para os pacientes, menos precariedade, reter o talento, retribuir a excelencia (non as conveniencias do Sergas), financiación axeitada, prestixio e recoñocemento da Atencion Primaria e deixar de ser a irmá probe do sitema sanitario.
Ainda que ninguén renunciaría a escalar uns chanzos na escala salarial do estado, non somos os avariciosos que o artigo parece trasladar a opinión publica.
02/06/2026