BANNER_EJERCICIOS RESPIRATORIOS COVID19

Táboa de exercicios respiratorios

O grupo de intervención comunitaria Salubrízate quere achegar á sociedade outra das pílulas informativas. Nesta ocasión propón unha táboa de exercicios respiratorios para axudar ás persoas convalecientes da COVID-19 e que teñen a finalidade de manter sans os noso pulmóns e facerlle fronte ao coronavirus ben preparados.

  • Traballa e descansa para garantir un sono axeitado.
  • Dieta equilibrada.
  • Deixa de fumar.
  • Lavados nasais: Coa cabeza inclinada para atrás e a boca pechada, instila 5 cc de soro fisiolóxico por unha fosa nasal, e inspira rápida e profundamente, mentres pechas a outra fosa co dedo polgar. Fai o mesmo na outra. Tuse ou cuspe as secrecións pola boca.
  • Fai os seguintes exercicios 2 veces ao día, durante 15-45 minutos. Pódelos facer deitado o sentado.
  1. Respiración diafragmático abdominal
    • Colle aire lenta e profundamente polo nariz coa boca pechada até a túa máxima capacidade, notando como a barriga comeza a inflarse.
    • Solta o aire lentamente pola boca cos beizos engurrados como se sopraras, notando coas mans como a barriga vai desinflando. Axúdate coas mans para expulsar o máximo aire posible.
    • Repite 10 veces.
  2. Respiración costal
    • Colle aire lenta e profundamente polo nariz coa boca pechada até a túa máxima capacidade, dirixindo o aire ao peito, que comezará a se elevar.
    • Soltar o aire lentamente pola boca cos beizos engurrados como se sopraras, notando como o peito baixa. Axúdate coas mans para expulsar o máximo aire posible.
    • Repite 10 veces.
  3. Respiración con beizos engurrados
    • Inspira lenta e profundamente polo nariz.
    • Aguanta o aire 2-3 segundos, se podes.
    • Sopra lentamente pola boca cos beizos engurrados como se apagaras unha vela.
    • Repite 10 veces

Descarga a táboa en pdf ou jpg

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies