AGAMFEC INFORMA COVID19

AGAMFEC INFORMA #1

Como sociedade cientifica estamos a seguir con preocupación e interés a situación sanitaria da nosa comunidade, compartindo entre todos nos a información e medidas a levar a cabo para o coidado dos nosos doentes, sobre todo dos nosos maiores.

Agora entraremos nunha segunda etapa de “desescalada” onde paulatina e progresivamente voltaremos á normalidade. É importante que as medidas que se tomen se fagan con moito tino e co coñecemento e coordinación de todos/as  profesionais.

Botamos en falta na primeira fase máis implicación da Atencion Primaria (AP) e, nesta segunda, sería un erro imperdonable non implicar ao primeiro nivel asistencial.

Por iso INFORMAMOS:

Imos contactar coas sociedades cientificas de Atención Primaria, os colexios profesionais e de traballo social para propoñer ao máximo nivel da Xunta de Galicia a participación dos profesionais de AP a través das suas sociedades nos comités para o seguemento desta fase, reclamando a nosa participación activa nas medidas a tomar con transparencia e responsabilidade. Isto pasa por fortalecer a AP e dotala das medidas diagnósticas e de protección necesarias, coas normas e protocolos e definicións claras e funcionais. Se apostamos por unha participación e implicación da AP e a comunidade poderemos evitar unha  segunda onda que poda saturar o sistema sanitario.

Da resposta ás nosas peticions iremos dando cumprida información a socios/as e a toda a cidadanía.

XD de Agamfec, 19 de Abril de 2020

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies