Agamfec informa #2

0 110

Como dixemos no primeiro comunicado, botamos en falta a participación máis activa da AP na crise do coronavirus e apostamos por reforzala na segunda fase. Para iso mandamos unha carta a tódalas sociedades científicas de Atención Primaria e, finalmente, co acordo da Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG) e da Asociación Galega de Enfermaría Familiar y Comunitaria (AGEFEC), imos trasladar á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galicia as nosas propostas para afrontar a atenuación das medidas de confinamento. É imprescindible a participación directa da AP nos comités que tomen as decisións e acorden folla de ruta para a volta a normalidade. Compre ter unha AP áxil, con gran capacidade de xestión para adaptarse a estas situacións cambiantes e ter as ferramentas necesarias para poder diagnosticar e illar aos afectados e aos seus contactos sen ter que volver ás medidas radicais de confinamentos universais.

Por iso INFORMAMOS:

Que nas situacións de incerteza e descoñecemento como as actuais semella unha boa medida tomar nota de experiencias doutras comunidades que se teñan demostrado útiles. Adxuntamos aquí un exemplo disto: O Plan normalizado de Traballo de Andalucía, que contempla unha serie de medidas para a Atención Hospitalaria e AP que poden ser aplicadas á nosa comunidade, tanto para identificación de necesidades como para organización das citas, actuación clínica sobre cohortes específicas, coordinación socio-sanitaria e co hospital a través das TICs sen perda do contacto cos doentes, desburocratización, recuperación das interconsultas, etc. A situación esixe a toma de medidas e a súa posta en práctica de maneira inmediata.

Non se trata de inventar, poñámonos a traballar ca información recibida que aporta ideas e co coñecemento da nosa realidade social, do que estamos sobrados na Atención Primaria.

Seguiremos dando cumprida información aos nosos socios e a toda a cidadanía

XD de Agamfec, 22 de Abril de 2020


Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies