A ecocardioscopia converteuse nunha ferramenta de enorme utilidade para o médico/a de Atención Primaria, permitindo complementar a exploración física tradicional mediante a obtención e interpretación de imaxes ecográficas cardíacas básicas a pé de cama.
Este curso está deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades fundamentais necesarios para incorporar a ecocardioscopia á práctica clínica diaria, cun enfoque eminentemente práctico e orientado á toma de decisións.
Non pretende formar ecocardiografistas, senón capacitar ao profesional para responder preguntas clínicas concretas mediante unha exploración ecográfica rápida, sinxela e enfocada.
Actividade presencial en Santiago de Compostela (setembro 2026) que combina contidos teóricos esenciais con talleres prácticos supervisados, permitindo aos asistentes adquirir competencias básicas na obtención de imaxes e interpretación de achados relevantes.
A ecocardioscopia representa unha extensión natural da exploración física tradicional. É unha técnica accesible, cunha curva de aprendizaxe curta e gran utilidade clínica para responder preguntas concretas en tempo real.
Aprende a obter imaxes útiles, interpretar achados clave e mellorar a toma de decisións na túa práctica diaria.
+ INFO E INSCRICIÓNS
– Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Nº de expediente: SA301A 2026/13-1

