Mapa no disponible
Información das datas
21/09/2026 - 28/09/2026
4:00 pm - 8:00 pm
Sede de celebración
Centro de saúde Concepción Arenal
Na/s categoría/s
CURSO: Ecocardioscopia Clínica Básica para Médicos/as de Atención Primaria
Aberto o prazo de inscrición ao curso presencial de 21 e 28 de setembro no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela en horario de 16h a 20h (en total 8 horas formativas).
A formación estrutúrase en dúas sesións presenciais de catro horas de duración cada unha combinando:
-
Exposicións teóricas breves.
-
Demostracións en directo.
-
Talleres prácticos con ecógrafos.
-
Casos clínicos interactivos.
-
Adestramento supervisado na adquisición e interpretación de imaxes.
Docente: Dr. Emiliano Fernández-Obanza Windscheid (GdT de Enfermidades Cardiovasculares AGAMFEC)
CONSULTA O PROGRAMA EN PDF
Ao finalizar o curso o alumno será capaz de:
– Utilizar adecuadamente un ecógrafo portátil.
– Obter as ventás ecocardiográficas estándar.
– Identificar estruturas cardíacas normais.
– Recoñecer achados ecográficos básicos clinicamente relevantes.
– Integrar a información obtida na avaliación de pacientes con patoloxía cardiovascular frecuente.
– Mellorar a toma de decisións clínicas na consulta e na atención urxente.
➟ O obxectivo principal é que cada participante sexa capaz de obter imaxes interpretables e extraer información clínica útil de forma inmediata.
Soci@s Agamfec: 35 euros (PRECISAS ENTRAR COA TÚA CONTA)
Inscrición para Non socios a partir do día 17 de xuño: Non Soci@s: 50 euros
Curso dirixido a: Especialistas e residentes de Medicina Familiar e Comunitaria interesados en incorporar a ecocardioscopia como ferramenta complementaria á exploración física e á toma de decisións clínicas.
Selección por órden de inscripción. Prazas limitadas: grupo reducido
Data límite de inscrición: 14 setembro 2026
➟ Para superar o curso (e recibir o certificado) é preciso asistir ás dúas sesións no horario completo.
As cancelacións recibidas por escrito a secretaria@agamfec.com antes do día 1 de setembro terán dereito á devolución do importe excepto 15€ en concepto de gastos.
Para calquera consulta podes escribir a secretaria@agamfec.com
Reservas de praza
¿Ya tienes una cuenta con nosotros? Acceder
Inicia sesión si ya tienes una cuenta con nosotros.
