Participa na enquisa da XXI Semana Sen Fume

A enquisa poderá ser completada ata o vindeiro 31 de maio

0 36

Como é habitual, un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume, que este ano chega á súa vixésimo primeira edición. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar contra o consumo do tabaco e todos os problemas de saúde que están asociados ao mesmo.

A iniciativa está dirixida tanto a médicos e médicas como a pacientes para fomentar de maneira coordinada a loita contra o tabaquismo e a prevención dos problemas que trae consigo.

Este 2020 a semana chega á súa XXI edición baixo o lema ¡Qué bello es vivir… sin humo! para animar a todas aquelas persoas fumadoras a intentar deixar de fumar, dado que está decisión será o máis importante que poidan tomar pola súa saúde, actual e futura.

Malia estas datas tan complicadas para todos por mor da pandemia da COVID-19, a semFYC pide a túa colaboración para deseñar accións que sexan efectivas e recoller datos relevantes da poboación fumadora.

Por iso, este ano a Enquisa está enfocada a dirimir algunhas das cuestións esenciais sobre o tabaquismo durante o confinamento e sobre a percepción que se ten sobre a utilidade da financiamento de fármacos específicos para deixar de fumar. Ademais, tamén se cuestiona o papel dos cigarros electrónicos no proceso de converterse en ex fumador ou ex fumadora e o grao de coñecemento que existe sobre a relación entre COVID-19 e tabaquismo, todos eles temas de grande actualidade nos últimos meses.

A Enquisa estará aberta ata o 31 de maio de 2020 e é posible cumprimentala a través do formulario online dispoñible no seguinte enlace ou na páxina web da Semana Sen Fume, onde a podedes descargar en PDF.

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies