AGAMFEC INFORMA COVID19

AGAMFEC INFORMA #4 (DOCUMENTO DESESCALADA)

AGAMFEC,   xunto con outras sociedades científicas médicas de Atención Primaria (SEMGSEMERGEN e AGAPap) foi convocada a unha reunión este martes coa Consellería de Sanidade para preparar o plan de desescalada no que a Atención Primaria debe xogar un papel crucial. Nisto están de acordo todos os actores, e ten sido repetido en múltiples ámbitos, tanto gobernamentais como de organismos internacionais.

Para podermos pasar das declaracións aos feitos, nesta reunión dende AGAMFEC presentamos un documento de propostas sobre a desescalada en Atención Primaria, partindo dunha análise da situación previa, e con tres   premisas fundamentais sen as cales non cremos posible un liderado real da Atención Primaria nesta fase: dirección de Atención Primaria con capacidade executiva e orzamentaria, acción unitaria e coordinada en tódalas áreas e suficiencia dos recursos disponibles.

Partindo destas premisas, elaboramos unha serie de propostas, fundamentalmente de corte técnico, sobre os que son os puntos clave na organización da desescalada dende a perspectiva da asistencia sanitaria e da Atención Primaria: a organización dos centros i equipos de Atención Primaria, a vixilancia epidemiolóxica e o control de contactos, a xestión das residencias de maiores e centros sociosanitarios e unha serie de protocolos de manexo clínico da COVID-19. A todo isto engadimos unha sección dos recursos que serán precisos para levar a cabo estas imprescindíbeis actuacións.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies