XX Xornadas de Residentes e II de Titores da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC)

0 296

Apreciados compañeiros Residentes, Titores de Medicina Familiar e Comunitaria, Unidades Docentes e estudantes:

É unha gran honra para nós convidarvos a participar nas XX Xornadas de Residentes e II de Titores da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria(semFYC) que se celebrarán os días 26 e 27 de febreiro na Universidade Rei Juan Carlos de Alcorcón.

O sistema sanitario nos próximos anos debaterase entre un novo repunte da atención primaria ou un novo modelo de xestión de pacientes crónicos liderado pola atención hospitalaria/domiciliaria. Que modelo sobrevivirá? Serán capaces os novos residentes/novos médicos de familia de deseñar un novo sistema de acordo aos seus valores?

Baixo o lema «Medicina Familiar e Comunitaria: desde a Raíz?»queremos, en definitiva, facervos partícipes dunhas Xornadas únicas nas que se presta especial atención ás nosas expectativas de futuro como Residentes, á formación dos Estudantes, ao valor dos Titores como principais protagonistas da nosa formación e sobre todo á nosa capacidade para loitar por aquel que está alén da mesa, é dicir, o noso paciente.

Esencia e Ciencia é o atractivo destas Xornadas, e definen moi ben o que debe ser a  Medicina: «Curar poucas veces, aliviar a miúdo, consolar sempre».

Inscríbete xa e ven a Madrid a gozar cos teus compañeiros e compañeiras.

Podes seguir toda a información e actualizacións do programa das XX Xornadas de Residentes e II de Titores na web.

http://semfyc.eventszone.net/jornadas2016/

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies