Oferta de emprego como Médico de Familia para Francia

Moving People é unha empresa afincada en Bélxica que traballa en Francia, España, Portugal, Rumania e Grecia. Desde hai máis de 10 anos, dedícanse a instalar persoal sanitario de diferentes países europeos en Bélxica e Francia, mediante un proxecto de instalación sen riscos e que inclúe un curso lingüístico online. Máis de 1500 profesionais e as súas familias beneficiáronse deste proxecto exitoso. Ofrecen a posibilidade de realizar esta mudanza laboral a diferentes localizacións repartidas por toda Francia. Buscan con detemento lugares onde existe unha verdadeira necesidade de instalar un médico de familia. Con isto asegúranse de que o médico cando chegue a Francia teña unha carteira importante de clientes, o que lle reportará un beneficio económico.

Ofrécenche esquecer as gardas de 24 horas ou fins de semana. Traballo nun horario normal, con menos pacientes por día e percibir unha ganancia neta moito maior á actual. Garantindo contractualmente unha facturación mínima de 8.500/mes.

A única preocupación do médico será aprender o idioma (no caso de que non tivese o nivel B2 necesario). O curso está orientado ao vocabulario médico. Moving People encargarase de traducir e tramitar toda a documentación necesaria para a inscrición no Colexio de Médicos en Francia.

A instalación definitiva realizarase unha vez o médico dese o visto e prace á consulta que poñan á súa disposición. Para iso previamente recibiría un extenso dossier da consulta e realizaría unha visita ao lugar da instalación, onde se poñerá en contacto con personalidades do lugar, co obxectivo de que á hora da instalación, a adaptación sexa máis sinxela.

Requisitos: Nacionalidade dun país da Unión Europea, título de especialista en Médico de Familia e Comunitaria vía MIR ou homologado nun país da Unión Europea, licenciatura en medicina por unha universidade europea, ou na súa falta, homologada nun país da Unión Europea e estar colexiado en España.

Contacto: Se queres saber máis acerca deste proxecto e dar o paso para emigrar a outro país con mellores condicións laborais, podes enviar o teu CV á dirección de correo electrónico pv@movingpeople.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies