XVI SEMANA SEN FUME

Comenzou cunha calada…acabou cunha vida.

Como cada ano, e xa van 16, a semana sen fume se desenvolveu como unha actividade comunitaria que contribue á concienciación social, incluindo a dos propios profesionales sanitarios, da necesidade de empregar todas as accións posibles que supoñan disminuir a taxa de tabaquismo no noso entorno.

Ainda fuma un 24% da poboación en España, e como consecuencia falecen 55.000 persoas cada ano por enfermidades relacionadas directamente co tabaco. Se calcula que entre 2000 e 3000 morren polo tabaquismo pasivo.

O Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo (CNPT) DEFENDE QUE O Convenio Marco do Control do Tabaquismo (CMCT), auspiciado  pola OMS e ratificado xa por moitos  estados, entre eles o español, se cumpla sen máis dilacións.

Entre as estratexias que teñen demostrado a súa efectividade están o aumento do prezo do tabaco, o envasado xenérico, o maior nº de espazos libres do fume de tabaco coma os coches, a loita contra o o tabaco ilegal, e as medidas para axudar, aos que ainda fuman, para que abandonen o tabaco.

Se calcula que o 11.3% dos cigarros consumidos en España son “ilegais”, e habitual que incluso veñan sen as advertencias sobre a súa capacidade de enfemidade e morte. Esta situación aumenta en ate máis do 40% en Andalucia e Extremadura. E as empresas tabaqueiras son arte e parte, xa que as ganancias, ainda que sexa o precio máis barato, aumentan. O estado español deixa de recaudar 1.300 millóns de euros cada ano.  Esta cantidade ocasionaría un gran beneficio a cidadania si se dedicara a aumentar o nivel dos servizos públicos.

Dr. Xulio Castañal Canto

Membro do GRUPO DE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS E ABORDAXE Ó TABAQUISMO da AGAMFeC

Contacto: respiratorio@agamfec.com

Acceder á información do grupo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies