residentes R4

Volven as ocurrencias

Dende Agamfec, a principal asociación dos médicos de familia de Galicia ten que volver a manifestar a sua preocupación polas ocurrencias dos xestores. Hai uns días dende o País Vasco propoñiase reducir a duración da residencia a 3 anos. Agora na nosa comunidade o Sergas volve a ameazar con rematar antes de tempo a residencia para contratar os MIR de familia para cubrir as vacacións. Sempre que os directivos afrontan problemas o único que se lles pasa pola cabeza adoita a ser unha medida de desprezo a formación dos médicos e unha desconsideración cara os titores dos residentes. Non acabamos de entender esa distopía na que defenden a importancia e o papel central da medicina de familia no sistema sanitario e a absoluta falta de consideración e respeto pola formación e polos formadores dos médicos de familia.

Este tipo de medidas nunca se atreverán a poñela en práctica noutras especialidades. Esa é a proba da falta de compromiso da administración ca atención primaria e o resultado tamén se manifesta no cansancio dos profesionais e na falta de vocacions dos futuros médicos. A mirada corta dos xestores é a causa da crisis actual e o mal futuro da atención primaria. Se non poñen as gafas da medicina familiar e comunitaria non se vislumbra futuro no sistema sanitario.

 

La Voz de Galicia (28 mar 2025): Médicos de familia critican que se vuelva a reclutar a los MIR para reforzar la asistencia sanitaria

 

1 comentario en “Volven as ocurrencias”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.