Salubrizate-COVID

0 318

Dende o grupo de intervención comunitaria, Salubrízate, detectamos a oportunidade dunha acción conxunta en torno as persoas maiores e os seus coidadores en situación de confinamento da nosa área sanitaria que é aplicable no fogar e podería estenderse as nosas residencias. Xa que o Documento Técnico de Recomendacións para a Actuación dos Servizos Sociais de atención domiciliaria ante a crise por COVID19 do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 establece con carácter xeral os criterios de actuación de toda a rede de servizos sociais, independentemente do seu nivel administrativo de xestión xunto coas accións na detección de casos e protección dos traballadores.


O virus afecta a estas persoas, especialmente porque presentan con maior frecuencia problemas de saúde de base, como infeccións respiratorias crónicas, problemas cardiovasculares, diabetes, asma, etc. Por este motivo, recoméndase que as persoas maiores, especialmente aquelas con problemas de saúde preexistentes, teñan coidado extremo para non contaxiarse. Cabe lembrar que cando aparece un caso probable ou confirmado, débese actuar con normalidade e garantir a confidencialidade respecto ao medio para evitar comportamentos que estigmaticen ou provoquen aversión.


Non obstante, debemos evitar que esta crise sanitaria agrave os problemas de discriminación e estereotipos existentes con respecto ás persoas maiores. Ser maior non é sinónimo de enfermidade.


O obxectivo é achegar “as pílulas de Salubrízate” a estas persoas con recomendacións para os coidadores e para os coidados.

Pílulas Salubrizate

 

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies