Compartimos o noso agradecemento a esas grandes mulleres da Asociación de Mulleres Rurais “Raiñas da Picoña” de Calvos de Randín coas que nos embarcamos nun proxecto de obradoiros para a saúde no medio rural.
Con temas como: Reanimación cardiopulmonar básica, Cómo identificamos e resolvemos urxencias no medio rural, Qué podemos aprender sobre diabetes ou A saúde das mulleres.
Pasou un ano dende o comezo, onde cada tarde de obradoiro se encheu de profundo interese por diferentes temas de saúde, inquedanzas, risas e sobre todo cariño.
Para o noso grupo de rural é un orgullo poder levar a cabo esta convivencia coas mulleres da nosa contorna, trasladando a formación para a saúde ás súas vidas, e recibindo a saúde que elas nos dan coa satisfacción polo traballo feito así como o enriquecemento persoal. Seguiremos!
Olalla Quintairos
Coordinadora do Grupo de traballo de Medicina Rural de AGAMFEC


Parabéns polo traballo e o éxito.