Dende Agamfec, principal sociedade dos Médicos de familia de Galicia, leemos con sorpresa e indignación o artigo do Dr. Fandiño na Voz de Galicia que responde o anterior da nosa compañeira Dra. Aldecoa. Para defender unha especialidade como urxencias non é necesario insultar o criticar outras, e moito menos facer criticas, amosando unha supina ignorancia da situación da atención primaria galega.
Según este facultativo só os médicos de urxencias son os que teñen compromiso co sistema, obviando que o fluxo de profesionais entre este nivel e a Atención Primaria é constante. Decir que as xerencias favorecen a contratación en centros de saude fronte os servicios hospitalarios non se sustenta cun mínimo análisis dos datos. Pero estamos afeitos os populismos que apelan as emocions ainda que os datos os contradigan. Decir que a consulta programada é o motivo das listas de agarda non soporta o mínimo análisis da demanda en Atención Primaria como ten demostrado Ruiz Téllez nos seus artigos; así como afirmar que as urxencias hospitalarias son os únicos dispositivos de 24h todos lo días do ano. Olvidouse dos PAC, que son tamén Atención primaria?. E falar de victimismo cando se reclama unha aposta e financiación da Atención Primaria como corresponde o seu nivel de importancia e punto e seguido laiarse da pouca aposta polos servicios de urxencias roza o patetismo. Cando eu comencei a miña vida laboral nun servicio de urxencias hospitalarias éramos 8 médicos. Ese servicio conta con cerca de 80. Si eso non é unha aposta polas urxencias non sei como chamarlle. Si nese tempo a atención primaria se multiplicase por 10, non estaríamos falando de ningunha crisis.
Defendamos a nosas especialidades sin faltar o respeto os demais e sin facer afirmacións sin ningún sustento argumental contrastado.
Jesús Sueiro Justel
Vogal de prensa de AGAMFEC

Totalmente de acuerdo con el Dr Sueiro. Es necesario que tod@s l@s médic@s que trabajamos en el primer nivel de atención, mayormente Especialistas en Medicina Familiar, reclamemos todo lo necesario para ejercer de manera digna nuestra labor.