Precisan MÉDICOS ESPECIALISTAS EN MEDICINA FAMILIAR para Francia

O equipo JNS Staffing, empresa especializada en recrutamento e procesos de selección (R&S), precisa de MÉDICOS ESPECIALISTAS EN MEDICINA FAMILIAR para importante grupo de clínicas privadas en Francia.
A compañía propón unha praza de médico especialista para unha clínica situada en Issoire, rexión d ´Auvergne-Rhône-Alpes. OFRECEN CURSO DE FRANCÉS.

As patoloxías máis tratadas neste centro son:

-Post-operatorios: cirurxía visceral, ortopédica, dixestiva, etc.
-Pneumoloxía: insuficiencias respiratorias crónicas, etc.
-Tratamentos da dor.
-Patoloxías cardiovasculares.
Ofrécese:
– Contrato de duración indeterminada (CDI).
– Xornada completa, de luns a venres, 35 horas semanais. (Sen gardas)
– Salario moi competitivo (a partir de 5000 ? neto/mes segundo experiencia)
– Axuda á integración.
– Cursos de francés para alcanzar o nivel desexado (Aula Cero Idiomas).
– Inscrición na Orde de Médicos e apoio loxístico para Francia.

Requisitos mínimos:
– Nacionalidade europea.
– Licenciatura en medicina e especialidade vía MIR.
– Nivel de francés B1 -B2.
– Documentación para poderse inscribir no colexio de médicos de Francia para o caso de médicos que obtivesen o seu título na UE.
– Autorización de Exercicio e permiso de traballo no caso de profesionais que obtivesen o seu título fóra da UE.

Se estás interesado envía o teu CV + CARTA DE MOTIVACIÓN coa referencia “SSR” a Juan NAVARRO:
info@jns-staffing.com ou podes chamar ao telf: 91 119 05 27, da sede en Madrid de JNS Staffing

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies