Lavado de mans SALUBRÍZATE COVID19

Lavado de mans e uso da máscara

Neste proceso de volta á nova normalidade no que as saídas á rúa van ser cada vez máis frecuentes ao ir abandonando o confinamento progresivamente, as medidas de prevención seguen sendo de vitais. Para recalcar esta importancia, o grupo de intervención comunitaria Salubrízate achega á sociedade dúas pílulas informativas máis, relacionadas nesta ocasión coa hixiene de mans e co uso correcto da máscara.

Uso da máscara

Levar a máscara non exime das demais medidas de protección como o distanciamento social e o lavado de mans. Non te achegues aos demais a menos de dous metros. A máscara protexe aos demais de ti (e non ao revés).

Como usala?

  1. Pona cando vaias saír da casa.
  2. Adapta a máscara ao teu nariz.
  3. Non toques a máscara máis.
  4. Se precisas manipulala, lava as mans despois.
  5. Para retirala, tira da goma evitando a parte dianteira.
  6. Meter nunha bolsa de plástico e tirar ao colector gris.
  7. Lava as mans.

E, cando usala?

  • Sempre en calquera centro sanitario.
  • Se vas empregar o transporte colectivo (tren, autobús, taxi…).
  • Se vas entrar nun lugar pechado (farmacias, supermercados, tendas…).
  • Se tes tose ou esbirros pola alerxia.

Recomendacións

  • A máscara cirúrxica é suficiente en traxectos curtos sempre que gardemos as medidas de distancia social.
  • Non volver a empregar máscaras dun só uso.
  • Se a máscara se humedece coa respiración debe cambiarse.
Uso da máscara Salubrízate

A limpeza está nas túas mans

A hixiene de mans é a medida principal de prevención e control da infección.
  1. As uñas deben levarse curtas e coidadas, evitando o uso de aneis, pulseiras, reloxos e outros adornos que poidan dificultar unha correcta hixiene das mans.
  2. As mans debemos lavalas antes e ao retirar as luvas e a máscara.
  3. Con auga fría ou quente, con xabón, durante polo menos 20 segundos. Tamén antes, durante e despois de traballar ou tocar algo.
  4. Evitar tocar a cara con ou sen luvas, poden dar falsa sensación de seguridade, e podes tocar calquera cousa e despois a cara, contaminándote a ti e aos demais.
  5. Recoller o cabelo longo, para non tocalo nin tampouco a cara cando o retires.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies