Celebrada as I Xornadas de AGAMFEC-SEFAP

O pasado dous de outubro celebráronse en Santiago as I Xornadas de AGAMFEC-SEFAP, reunindo a médicos de familia e farmacéuticos de Atención Primaria nun foro de debate no que se trataron tres materias importantes na práctica clínica diaria: a diabete, a dislipemia e o final da vida. Esta nova experiencia, xuntando a dous perfís profesionais distintos, cun mesmo ámbito e nivel de actuación pero con actividades ben diferenciadas, permitiu, en cada una das mesas e temas, un debate cando menos interesante, que tamen productivo. Deste xeito intentouse acadar consensos entre os asistentes respecto o mellor tratamento dos nosos pacientes.
Neste proceso de confrontación de ideas, intentábase adquirir unha compresión do punto de vista da outra parte, achegándose deste xeito posturas con respecto a prescripción de fármacos na diabetes, na dislipemia e no proceso final da vida.
Finalmente é de agradecer aos organizadores e a tódolos poñentes o seu traballo de exposición e a súa disposición e o laboratorio Abbott a súa colaboración no desenrolo das Xornadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies