O día 3 de outubro de 2026 no Centro Sociocultural de Lalín integrantes do grupo de traballo PACAP de AGAMFEC realizaron una xornada formativa sobre Investigación-Acción Participativa (IAP), dirixido a profesionais de Atención Primaria interesados en incorporar estas ferramentas nas súas actividades comunitarias. O curso foi recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade (Nº de expediente: SA301A 2026/11-5).
Comenzamos cunha benvida e introdución en formato tertulia-café, falando da IAP mentres exploramos o potencial e as limitacións da intelixencia artificial e dos diversos programas de análise cualitativo para o procesamento e interpretación de información obtida mediante entrevistas, grupos focais e outras técnicas de investigación cualitativa.
-
EVALGUÍA: Presentouse a ferramenta, pensada para analizar e incrementar a participación comunitaria nos proxectos de promoción da saúde; e a puxemos en práctica cunha simulación do grupo motor dunha actividad publicada no último número da revista Comunidad.
-
Escape Room: Foi unha experiencia colaborativa e dinámica gamificando os determinantes sociais da saúde e a súa codificación na historia clínica electrónica, onde se presentaron retos prácticos para identificalos e facer a equivalencia entre CIAP-2 e SNOMED.
-
Sociodrama: Representamos situacións reais para analizar problemas, comprender diferentes perspectivas e construír solucións de forma colectiva; a diferenza do role-playing, o sociodrama pon o foco nas relacións, no contexto e na reflexión grupal, favorecendo a participación activa de todas as persoas asistentes.
Pechamos a Xornada cunha una avaliación mediante a técnica do Mapa de emocións.
A actividade desenvolveuse conforme ao programa previsto, cunha participación activa e moi satisfactoria por parte dos asistentes. O Grupo do PACAP AGAMFEC considera que o curso acadou satisfactoriamente os obxectivos formativos previstos. Moitas grazas pola vosa asistencia!


