Envío de comunicacions as XX XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA da AGAMFEC.

0 189

Envío de resumos dos traballos: Do 1 de agosto Ata o 10 de outubro de 2015.

  1. Deben ser traballos orixinais. Póderanse remitir vía telemática desde a web do congreso no apartado COMUNICACIONS. A partir do 1 de agosto.
  2.  Os traballos remitidos poderán ser:
    a. Resultados de Investigación
    b. Comunicacións de experiencias (organizativa, asistencial, educativo-docente,
    de intervención comunitaria.)
    c. Proxectos de investigación
    d. Casos clínicos de especial interese no ámbito da Atención Primaria
  3. O número máximo de autores será:
    a. Para Comunicacións de Resultados de Investigación, Proxectos de
    Investigación e Comunicacións de Experiencias: máximo 6 autores.
    b. Para Comunicacións de Casos clínicos: máximo 3 autores.
  4. NON DEBE INDICARSE A PROCEDENCIA DO ESTUDO no título, nin no texto do resumo.
    Deberanse evitar alusions que permitan localizar ás persoas ou ao centro en concreto
    onde se levou a cabo o estudo (será motivo de rexeitamento por parte do Comité
    Científico).
  5. Non se admitirán cadros, figuras, nin gráficos no resumo.
  6. En caso de financiamento externo debe citarse a procedencia do mesmo. Se se trata
    dun ensaio clínico hai que citar o CEIC que concedeu a autorización.
  7. Para calquera que sexa o tipo de comunicación, os autores deberán decidir:
    a. Que tipo de investigación elixen (resultado de investigación, proxecto de
    investigación, comunicación de experiencia ou caso clínico).
    b. O tipo de presentación preferida (oral, póster ou indistintamente).
  8. Aínda que o autor deba indicar se opta por comunicación oral ou tipo póster, o Comité
    científico poderá variar a súa forma definitiva de presentación, para a mellor
    organización do congreso, así como incluílo noutras actividades do congreso, mesas,
    debates, etc., segundo o interese e a liña temática do mesmo.
  9. En caso que a comunicación resulte aceptada, si será necesario que polo menos un
    autor se inscríba ao congreso para poder presentala.
A forma e normas de presentación comunicaranse trala aceptación dos resumos. 

A estrutura dos diferentes traballos será a seguinte:

Descargar normas Resumos AGAMFEC 2015

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies