banner campaña más sanidad covid19

Despois de aplaudir, toca traballar polo fortalecemento do Sistema Nacional de Saúde

Coincidindo coa comparecencia do Ministro de Sanidade, Salvador Illa, na Comisión para a Reconstrución Social e Económica, a semFYC, reuniuse esta mañá cunha vintena de organizacións sociais e sindicatos nas portas do Congreso dos Deputados para presentar a campaña #DespuésDeAplaudir, que pretende dar continuidade ao espírito dos aplausos promovido dende os balcóns en época de confinamento, e que tivo como insignia a defensa da sanidade pública e universal e o recoñecemento ao encomiable labor do persoal sanitario.

 

Ademais da semFYC, entre as organizacións sociais, científicas e sindicatos promotores figuran Médicos del Mundo, Salud por Derecho, Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública – FADSP-, UGT, CCOO, Yo Sí sanidad Universal e outras plataformas, coordinadoras e federacións. Algunhas delas compareceron xa ou o farán proximamente como entidades expertas no seno da Comisión Parlamentaria.

A campaña #DespuésDeAplaudir insta, por unha banda, á mobilización cidadá, para que máis alá dos aplausos se siga apoiando o fortalecemento do Sistema Nacional de Saúde. Pola outra, a través de 12 Recomendacións que foron previamente presentadas aos grupos políticos, lembra aos representantes parlamentarios as medidas políticas e orzamentarias necesarias para fortalecer o sistema de saúde e reforzar a súa capacidade para afrontar os desafíos que a pandemia da COVID-19 revelou.

A alianza de organizacións lembra que, despois de aplaudir, chegou a hora de dotar con máis recursos á nosa sanidade pública para evitar situacións de colapso como as que se chegaron a vivir nalgunhas comunidades autónomas, que non se deberon exclusivamente á excepcionalidade da actual crise sanitaria. Os constantes recortes que sufriu a sanidade española nos últimos anos diminuíron substancialmente os seus recursos e debilitaron, en consecuencia, a súa resiliencia.

 

A campaña interpela aos representantes políticos para que non esquezan que, despois de aplaudir, toca recoñecer que a Atención Primaria xoga un papel imprescindible na saúde pública e que é a base do noso sistema sanitario. Sen ela, non existe prevención que permita a detección temperá de enfermidades que eviten complicacións.

Despois de aplaudir toca defender unha Sanidade Pública máis forte e universal que ofreza atención sanitaria gratuíta a toda a poboación do país, sen excepción. A crise actual, advirta a campaña, ensinounos que existe un vínculo ineludible entre a saúde individual e colectiva. Negar o dereito á protección da saúde a persoas que viven no noso territorio, independentemente da súa situación administrativa, non só é inxusto, senón que pode poñer en risco a saúde do conxunto da poboación.

Despois de aplaudir é tamén unha invitación para saber que é hora de comprender que a sanidade, se non é para todas as persoas, non é para ninguén, porque é un dereito esencial da cidadanía e, polo tanto, non debe ser susceptible de mercantilización. É fundamental ter presente que a resposta á maior crise sanitaria que viviu este país na historia recente viu dende a sanidade pública. Os modelos privatizadores impulsados na última década guíanse primordialmente por criterios economicistas e de beneficio que nada teñen que ver co fin principal dun sistema sanitario, que non é outro que a protección da saúde da cidadanía.

Despois de aplaudir, toca esixir compromisos cara unha sanidade para todas as persoas que non estea sometida aos vaivéns políticos do país. É preciso un compromiso forte e inequívoco por parte de todos os actores políticos cunha sanidade pública, universal e de calidade que conte con financiamento suficiente.

#DespuésDeAplaudir pide á cidadanía que se sume a esta campaña a través de diversas accións e reclame máis Sanidade pública e universal.

12 recomendacións para recuperar e garantir unha sanidade pública, universal e de calidade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies