AGAMFEC INFORMA COVID19

Comunicado sobre o bono de hostelería para sanitarios anunciando pola Xunta de Galicia

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), sociedade de medicina de familia galega que conta con máis de mil socios na comunidade, quere trasladar á cidadanía, aos seus socios e ao Goberno galego, o seu malestar e rexeitamento pola medida anunciada polo presidente Alberto Núñez Feijóo de outorgar un bono para hostelería aos profesionais sanitarios, das residencias da terceira idade e de centros de atención á discapacidade que antes se apunten a esta sorte de rifa, como compensación pola súa labor fronte á pandemia por COVID-19.

Este tipo de medidas populistas danos vergoña e retrotráenos aos bocadillos das manifestacións franquistas e ás megacomilonas que organizaban Fraga ou mesmo Baltar nas súas políticas populistas e de mendicidade electoral.

Os médicos de familia rexeitamos este tipo de medidas Neo-Fragistas que tiñamos esquecidas, avergóñanos e pensamos que non é unha proposta seria de agradecemento. Hai outros xeitos de facelo: apostando pola sanidade pública, por unha Atención Primaria de calidade. Por facer un estudo crítico da resposta á pandemia e propulsar medidas correctoras das disfuncións detectadas e darlle protagonismo aos profesionais, verdadeiros protagonistas da atención, coñecedores do sistema. Xa basta de medidas de propaganda, xa chegou co estudo de seroprevalencia. É hora de propostas, de solucións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies