XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC

Tomando a temperatura á Atención Primaria

Amantes da Atención Primaria,
No mes dos magostos tedes unha cita en Ourense, a cidade das Burgas.
Falaremos de corazóns que se rompen, de pulmóns que non se enchen o suficiente, de radiografías que falan,
de alimentos que non sentan, de vidas que se apagan e nas que sempre hai lugar para un médico de familia. De
buscar ocos para investigar e de como facelo. Alguén con diabetes diranos o que esperaba de nós e quizais non
lle demos; e os médicos máis mozos, xa na súa madurez laboral, recordarannos como tiveron que buscarse a vida.
Haberá unha profunda reflexión sobre o futuro da nosa formación e unha intervención comunitaria.
Neste outono, queremos volver á orixe da nosa especialidade porque, ás veces, a historia non é ben coñecida e
continuamos a buscala. A nosa remóntase aos anos 70-80, cando houbo algúns médicos que un día decidiron con
outros colegas facer unha primaria diferente… e máis non podo falar. Ourense agárdavos.
Un afectuoso saúdo,
Mercedes A. Hernández Gómez
Presidenta do Comité Organizador

Síguenos/participa en twitter coa etiqueta: #agamfec2017

HORARIO DA SECRETARÍA
Venres, 17 de Novembro: 09:00 a 14:00 h. / 15:00 a 20:30 h. –Sábado, 18 de Novembro: 09:00 a 14:15 h. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL -R/ Progreso 30. 32003 Ourense
————–

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies