Dispoñible o programa das XXI XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC e apertura do prazo de inscripcions

Amantes da Atención Primaria,

No mes dos magostos tedes unha cita en Ourense, a cidade das Burgas.
Falaremos de corazóns que se rompen, de pulmóns que non se enchen o suficiente, de radiografías que falan,de alimentos que non sentan, de vidas que se apagan e nas que sempre hai lugar para un médico de familia. Debuscar ocos para investigar e de como facelo. Alguén con diabetes diranos o que esperaba de nós e quizais nonlle demos; e os médicos máis mozos, xa na súa madurez laboral, recordarannos como tiveron que buscarse a vida.

Haberá unha profunda reflexión sobre o futuro da nosa formación e unha intervención comunitaria.
Neste outono, queremos volver á orixe da nosa especialidade porque, ás veces, a historia non é ben coñecida e continuamos a buscala. A nosa remóntase aos anos 70-80, cando houbo algúns médicos que un día decidiron con outros colegas facer unha primaria diferente… e máis non podo falar. Ourense agárdavos.

 

Un afectuoso saúdo,
Mercedes A. Hernández Gómez
Presidenta do Comité Organizador

mais información e inscripción en https://www.agamfec.com/congreso-agamfec/ourense2017

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies