Actividades

XORNADA COMUNICACION e saude 2025 Lalín obradoiros

Obradoiros da Xornada Galega de Comunicación e Saúde

Dende o grupo de traballo de Comunicación e Saúde de AGAMFeC estamos preparando a Xornada Galega de Comunicación e Saúde (18 de outubro en Lalín) deseñando un programa con sesións moi prácticas que esperemos que sexan do voso interese. Abordaremos temas cruciais en comunicación con enfoque práctico e participativo nos seguintes obradoiros: – Empatía en …

Obradoiros da Xornada Galega de Comunicación e Saúde Leer más »

APDAY presencial en Vigo: 18 de setembro

O vindeiro xoves 18 de setembro celébrase o Seminario presencial APDAY 2025 · Vigo, no Palacio de Congresos Mar de Vigo (Avda. de Beiramar 59). APDAY é un programa de formación de semFYC dirixido a médicos/as de familia co obxectivo de ofrecer actualizacións aplicables á práctica clínica diaria, con contidos elaborados dende os GdT de …

APDAY presencial en Vigo: 18 de setembro Leer más »

PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DE OBRADOIROS NO MEDIO RURAL

Compartimos o noso agradecemento a esas grandes mulleres da Asociación de Mulleres Rurais “Raiñas da Picoña” de Calvos de Randín coas que nos embarcamos nun proxecto de obradoiros para a saúde no medio rural. Con temas como: Reanimación cardiopulmonar básica, Cómo identificamos e resolvemos urxencias no medio rural, Qué podemos aprender sobre diabetes ou A …

PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DE OBRADOIROS NO MEDIO RURAL Leer más »

Entrega das Medallas Castelao 2025

O pasado sábado 28 de xuño foron entregadas as Medallas Castelao, sendo concedida unha destas medallas a Rosa Rodríguez Álvarez, médica de familia. En representación da nosa asociación AGAMFEC, invitada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu ao acto María Jesús Freiría Tato, médica de familia e anterior presidenta de AGAMFEC. Parabéns!   …

Entrega das Medallas Castelao 2025 Leer más »

AGAMFeC no XXXV CONGRESO INTERNACIONAL DE XERIATRÍA

O Grupo de traballo de Atención ao Maior de AGAMFEC ven de asistir ao XXXV CONGRESO INTERNACIONAL DE GERIATRÍA Y GERONTOLOGÍA de Ourense onde María José Fernández Domínguez, Ana Isabel Souto Ramos e Francisco Javier Formigo Couceiro participaron como relatores no simposio “La fragilidad, un síndrome geriátrico reversible: La realidad asistencial de atención a la …

AGAMFeC no XXXV CONGRESO INTERNACIONAL DE XERIATRÍA Leer más »

Publicación das Comunicacións presentadas nas XXVII XORNADAS AGAMFEC

Os días 14 e 15 de marzo tiveron lugar as XXVII Xornadas AGAMFEC: “Alén da consulta” no Vello Cárcere de Lugo. Entre tódolos traballos recibidos, como comunicación oral foron presentadas 6, houbo unha sesión de póster con defensa onde se presentaron 9 traballos e 16 casos clínicos foron presentados como póster sen defensa. A comunicación …

Publicación das Comunicacións presentadas nas XXVII XORNADAS AGAMFEC Leer más »

Moitas grazas pola vosa participación!

As XXVII Xornadas de AGAMFEC foron un éxito grazas á participación activa de todos os involucrados. Queremos agradecer especialmente ao Comité Científico polo seu traballo incansábel na selección e organización dos contidos, asegurando a calidade académica das sesións. Tamén agradecemos ao Concello de Lugo e ao Vello Cárcere polo seu apoio institucional, que foi fundamental …

Moitas grazas pola vosa participación! Leer más »

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies