Os días 14 e 15 de marzo tiveron lugar as XXVII Xornadas AGAMFEC: “Alén da consulta” no Vello Cárcere de Lugo.
Entre tódolos traballos recibidos, como comunicación oral foron presentadas 6, houbo unha sesión de póster con defensa onde se presentaron 9 traballos e 16 casos clínicos foron presentados como póster sen defensa.
A comunicación que obtivo o Primeiro premio foi o proxecto de investigación “Estudo da validez das escalas clínicas para o diagnóstico da faringoamigdalite” dos autores Irene Ferreiro Sanmartín e Alejandro Morán Valiño, residentes do Centro de Saúde A Milagrosa de Lugo. O segundo premio foi para “Andainas en comunidade, un caso de éxito” de Paula Castrillo Aldecoa e Fátima Crespo de la Torre.
Entregáronse dous premios aos mellores Casos Clínicos para o traballo “Anticoagulación en pacientes de idade avanzada: entre a prevención de eventos e a calidade de vida” de Carlos de Juan Fernández e Lucía Romero Ramil e para “Fibroelastoma dorsi: Utilidad de la ecografía en el diagnóstico de lesiones dermatológicas en la consulta de medicina de familia” dos autores Marta María Calvo Seoane, José Manuel Solla Camino, Carmen Toscano Alonso e Maria Joao Da Costa Rodrigues, ambos presentados como póster con defensa.
Agora están publicados estes traballos na plataforma de Comunicacións. Podes consultar os resumos no enlace seguinte:
Comunicacións XXVII XORNADAS AGAMFEC
Entrega de premios das XXVII Xornadas AGAMFEC, día 15 de marzo en Lugo.