ACTUALIZACIÓN PROGRAMA E COTAS: XXIV XORNADAS AGAMFEC

Dende a Xunta Directiva da AGAMFEC querémosvos comunicar que as vindeiras XXIV Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria a celebrar o 17 e 18 de setembro en Pontevedra veñen de ser reprogramadas por mor da situación epidemiolóxica e dos necesarios Protocolos de Continxencia aos que se teñen que adaptar este tipo de Xuntanzas.
O Comité Organizador, quen tiña elaborado un atractivo e completo programa de actividades, onde prevalecían as de caracter formativo a través de talleres participativos, veuse na obriga de mudalo para dar cumprimento aos últimos protocolos establecidos. Malía isto, e tras un grande esforzo e traballo , foron quenes de manter vivas as Xornadas. 
Desenvolveranse entre a tarde do venres e a mañán do sábado, mantendo a acreditación, e desenvolvendo actividades centralizadas e a defensa case 50 comunicacions recibidas ate o momento. O programa detallado, así como todo o relacionado coa inscrición está dispoñible paxina web das Xornadas . Se xa tiñades a reserva feita, poñerémonos en contacto para confirmar se a queredes manter.
Animávosmos a participar deste encontro, tan longamente adiado, para recuperarmos a cotidianidade da vida da Asociación e poder festexar o estarmos de novo 

XUNT@S e CONECTAD@S


Por último lembrarvos que o sabado terá lugar a Asamblea de Socios de Agamfec onde a se dará conta da actividade desenvolvida nestes anos , das contas e dos proxectos de futuro coas aportacions de todos vos.
Saúdos, e como se acostuma a decir por estos lares:

MIRÁMONOS EN PONTEVEDRA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies