PROGRAMA

Este é un programa preliminar que podería sufrir modificacións

TARDE OPTATIVA XOVES 16: Roteiro polo Río Lérez

VENRES 17

9:00-9:30h:

Benvida e recollida de documentación

9:30-11:00h:

  • OBRADOIRO 1 Inequidades en Saúde: A través da dinámica de mesas de café abordaremos as diferentes esferas que condicionan a saúde da nosa paciente e incidiremos sobre os determinantes sociais, o acceso ao sistema sanitario, a saúde con perspectiva de xénero e a aporofobia sanitaria.
  • OBRADOIRO 2 Violencia de Xénero: A Violencia de Xénero está recoñecida como unha violación dos dereitos humanos e un problema de saúde pública pola súa magnitude, gravedade e as súas repercusións para a saúde das mulleres e o seu entorno familiar e social. Na Atención Primaria atopámonos nun lugar privilexiado para detectar, rexistrar, intervir e acompañar ás mulleres que a sofren. Neste congreso imos compartir un taller onde escoitalas en diferentes situacións e reflexionar conxuntamente para poder ofrecer unha resposta adecuada e segura.
  • OBRADOIRO 3 Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria (PACAP): Utilizando dúas técnicas de investigación-acción participativa propias dos estudios comunitarios, trataremos sobre as mellores maneiras de conectarnos coa comunidade. Empezaremos cun análise DAFO e cos temas que xurdan nel continuaremos cun debate en tertulias de café, rematando cunha posta en común dos aspectos clave.

11:00-11:30:

Pausa café. GRUPIFEIRA

11:30-13:00h:

  • OBRADOIRO 4 Cardiovascular: O obradoiro consistirá en facer un repaso da fibrilación auricular e da  anticoagulación a través dun caso clínico para profundizar na súa abordaxe tras a publicación da nova Guía da SEC en 2020.
  • OBRADOIRO 5 Urxencias: Tratarase dende un punto de vista práctico a optimización da vía aérea en RCP básica e avanzada no medio extrahospitalario.
  • OBRADOIRO 6 Dor: Tras meses de confinamento e restricións á mobilidade, con citas de seguimento anuladas e unha accesibilidade moi escasa ás consultas médicas, os pacientes con dor empeoraron notablemente. Pero, somos conscientes diso como profesionais? E que podemos facer para remedialo? Este será o tema para abordar nun encontro participativo e dialogado no que botaremos unha ollada nova a unha das patoloxías máis antigas que existen.

11:30-13:00h:

MESA 1. Urbanismo comunitario

13:00-14:00h:

DEFENSA DE COMUNICACIÓNS

13:00-16:00h:

COMIDA

16:00-17:30h:

ASAMBLEA AGAMFEC

16:00-17:30:

  • OBRADOIRO 1 Inequidades en Saúde: A través da dinámica de mesas de café abordaremos as diferentes esferas que condicionan a saúde da nosa paciente e incidiremos sobre os determinantes sociais, o acceso ao sistema sanitario, a saúde con perspectiva de xénero e a aporofobia sanitaria.
  • OBRADOIRO 2 Violencia de Xénero: A Violencia de Xénero está recoñecida como unha violación dos dereitos humanos e un problema de saúde pública pola súa magnitude, gravedade e as súas repercusións para a saúde das mulleres e o seu entorno familiar e social. Na Atención Primaria atopámonos nun lugar privilexiado para detectar, rexistrar, intervir e acompañar ás mulleres que a sofren. Neste congreso imos compartir un taller onde escoitalas en diferentes situacións e reflexionar conxuntamente para poder ofrecer unha resposta adecuada e segura.
  • OBRADOIRO 5 Urxencias: Tratarase dende un punto de vista práctico a optimización da vía aérea en RCP básica e avanzada no medio extrahospitalario.

17:30-18:00h:

Café. GRUPIFEIRA

18:00-19:30h:

  • OBRADOIRO 3 Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria (PACAP): Utilizando dúas técnicas de investigación-acción participativa propias dos estudios comunitarios, trataremos sobre as mellores maneiras de conectarnos coa comunidade. Empezaremos cun análise DAFO e cos temas que xurdan nel continuaremos cun debate en tertulias de café, rematando cunha posta en común dos aspectos clave.
  • OOBRADOIRO 4 Cardiovascular: O obradoiro consistirá en facer un repaso da fibrilación auricular e da  anticoagulación a través dun caso clínico para profundizar na súa abordaxe tras a publicación da nova Guía da SEC en 2020.
  • OBRADOIRO 6 Dor: Tras meses de confinamento e restricións á mobilidade, con citas de seguimento anuladas e unha accesibilidade moi escasa ás consultas médicas, os pacientes con dor empeoraron notablemente. Pero, somos conscientes diso como profesionais? E que podemos facer para remedialo? Este será o tema para abordar nun encontro participativo e dialogado no que botaremos unha ollada nova a unha das patoloxías máis antigas que existen.

18:00-19:30h:

MESA 2. Historia dunha pandemia

19:30-20:45h:

DEBATE: “Conectad@s. Construíndo xuntas o futuro da Atención Primaria”.

Acto aberto a todos os públicos

SÁBADO 18

09:00-11:00h:

HABILIFEIRA. Itinerario formativo que discurre á elección do participante, segundo as súas preferencias e necesidades, por diferentes estacións. Cada estación acubilla un taller no que se amosa de xeito práctico e axil unha técnica. A duración do taller non supera os quince minutos e repítese en bucle ao longo da duración total da habilifeira. Deste xeito, os participantes discurren polo espazo conxunto onde se atopan as diferentes estacións, achegandose a elas en función dos fluxos e dos seus intereses formativos. Contará con estacións de infiltracións, vendaxes, ecografía, RCP de calidade e moito máis

10:30-11:00h:

Café. GRUPIFEIRA

11:00-12:00h: 

5 MINUTIÑOS. Consistirá nun resumo dos obradoiros do primeiro día

12:00-13:30h:

MESA 3. CONECTAD@S COA TECNOLOXÍA

13:30h:

CLAUSURA E PREMIOS

TARDE OPTATIVA: Roteiro histórico polo casco vello de Pontevedra

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies