Ampliamos o prazo de inscricións á Xornada de Saúde Comunitaria AGAMFEC. Comunitaria sen escusas do día 3 de outubro en Lalín.
Organizada polo grupo de traballo PACAP de AGAMFEC (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) versará sobre ferramentas de Investigación-Acción Participativa (IAP), empezando cunha introdución común mediante unha dinámica de tertulia-café, para proceder despois aos talleres:
Obradoiro 1: Ferramenta Evalguía
Obradoiro 2: Escape room
Obradoiro 3: Sociodrama
Podes consultar aquí o programa e reservar a túa praza completando o FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Data límite para apuntarse: 27 de setembro
Esperámosvos!
Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Expediente núm: SA301A 2026/11-5

