Día Mundial para a Prevención do suicidio

Ás consultas de Atención Primaria chégannos pacientes con síntomas físicos, pero tamén con malestares da vida cotiá. Os problemas laborais, de sobrecarga, de relación de parella… Todo iso suma e, moitas veces, acaba sendo un potente estresor que termina desencadeando problemáticas doutro tipo.
A nosa posición, como profesionais é moi xenerosa porque estamos moi próximos. Certo é que temos moi pouco tempo para ver os nosos pacientes, no entanto, hai moita cotiandade.
Ao médico/a de familia acódese con relativa frecuencia se se ten algún tipo de problema, e iso fai que para nós sexa máis factible o percibir cambios nos nosos pacientes e o que, nalgún momento, algún deles póidase ‘derrubar’ e poida mencionar determinadas frases, que nos fagan pensar: ‘Habemos de buscar. Hai que detectar. Imos preguntar”.
Queremos subliñar a importancia de comentar directamente a eses pacientes se, nalgún momento, tiveron ideación suicida.
Ante a sospeita, non só é necesario facelo, senón que é imprescindible porque, moitas veces, o feito de poder falar deste problema no medio dunha consulta clínica pode “desactivalo” dalgún xeito.
Dra. María Jesús Cerecedo
Grupo de traballo de Saúde Mental AGAMFEC e SEMFYC

*Texto procedente da entrevista no diario La Opinión, A Coruña ENLACE

Escribe a gruposdetraballo@agamfec.com se queres formar parte deste Grupo de traballo

1 comentario en “Día Mundial para a Prevención do suicidio”

  1. Lucía María Díaz Pérez

    Soy médico de familia y psiquiatra, trabajo hoy día después de trabajar años en urgencias hospitalarias , en un centro de salud y para abordar este tema con los pacientes cada vez con más rasgos diferentes y falta de perspectiva en la vida así cómo de valores arraigados necesitamos mucho más tiempo en las consultas para ellos las primeras consultas en Psiquiatría para cualquier patología ya son unos 45 minutos paciente mínimo, así que sí hay que conectar con el paciente y esto requiere tiempo , sacrificio y empatia así cómo un mínimo de conocimiento . Gracias

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.