Coñeces o Programa semFYC con R?

SEMFYC CON R é o programa de acollida de residentes de semFYC, unha formación online de 4 anos sobre temáticas diversas, totalmente gratuito para residentes socios/as de AGAMFEC. Según o ano de residencia no que te atopes podes ter acceso a un curso diferente:

R1 Promoción 2026: Introdución a motivos de consulta máis frecuentes en Urxencias

Este curso está pensado para adquirir coñecementos básicos na abordaxe do ou a paciente urxente e aprender ferramentas que axuden no enfoque diagnóstico e o plan terapéutico dos principais motivos de consulta urxentes. O contido deste curso está enfocado para residentes de primeiro ano como unha ferramenta de axuda no inicio dos seus gardas.

R2 Promoción 2025: Curso básico de Entrevista Clínica e Comunicación Asistencial

Tanto a evidencia científica como o día a día da práctica médica demostran que a comunicación asistencial constitúe unha habilidade básica da nosa profesión. Os médicos e as médicas con boas técnicas de entrevista clínica identifican os problemas dos e as pacientes con maior precisión, os seus pacientes adáptanse mellor psicoloxicamente e están máis satisfeitos e satisfeitas coa súa asistencia.

R3 Promoción 2024: Coidados paliativos en Atención Primaria

Enténdese por coidados paliativos ou atención paliativa aquela asistencia que se ofrece de forma activa e continuada aos e as pacientes con enfermidade crónica avanzada evolutiva que pretende mellorar a calidade de vida, tanto de pacientes como das súas familias. Este curso céntrase nas habilidades de manexo de catro dos problemas máis frecuentes en pacientes con enfermidade avanzada e de prognóstico de vida limitado.

R4 promoción 2023: Manexo dos determinantes sociais en Atención Primaria

Curso que ten como obxectivo promover e profundar o coñecemento no ámbito dos determinantes da saúde e as iniquidades na atención sanitaria, desde os antecedentes históricos deste enfoque, o seu marco conceptual e a evidencia de implicación en enfermidades prevalecentes do noso medio e fomentar habilidades para unha aplicación práctica de intervencións orientadas a reducir iniquidades na Atención Primaria.

Ademáis para R2, R3 e R4 o curso online: Cómo comezo o meu Traballo de Fin de Residencia?

Podes consultar toda a info na web de SEMFYC CON R

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.