XL anos da publicación da lei Xeral de Sanidade

40 ANOS. Na data de hoxe cúmprese o aniversario da publicación no BOE1 da primeira lei que desenrolou o dereito á protección da saúde dictaminado polo artigo 43.1 da Constitución Española de 1978. Na lei 14/1986 desenroláronse certos temas de uso cotidián, como o Consentimento Informado (anque dun xeito diferente o lexislado actualmente) ou a organización do Sistema Nacional de Saúde (no momento da publicación INSALUD e de xestión polo goberno central*). Sen embargo, foi o punto de partida para leis posteriores, que actualizaron e/ou modernizaron certos contidos, destacando a lei 41/2002, de autonomía do paciente e consentimento informado.

O sistema sanitario e a atención ós doentes do 2026 non se asemella en moitos aspectos a de aquel lonxano 1986, pero o obxetivo primordial, o dereito á protección da saúde, ha de estar aínda vixente actualmente. Por iso deberían surxir futuras normativas lexislativas que afronten os retos da atención sanitaria actual. Dende a opinión deste que escribe principalmente:

  • A adecuación de servicios a realidade do 2026 (avaliación da carteira de actividades e servicios2) e a loita contra o “hospitalcentrismo” existente na sociedade e no sistema3.

  • A potenciación das figuras básicas das Unidades de Atención Primaria, en especial a Enfermería, que debería ter un papel máis importante no control da cronicidade e de certas patoloxías leves agudas (e que non recaiga só na figura do médico).

  • A concienciación da cidadanía do uso correcto dos servicios e da protección da súa propia saúde, evitando a volta ó paternalismo. Sería preciso responder a pregunta ¿é axeitado que a sociedade no seu conxunto financie a liberdade do individuo, anque estea sobradamente probado o dano para a súa saúde de certas prácticas ou condutas?

  • A xestión de fluxos máis áxil e o uso das TICs para detección de necesidades formativas nos profesionais4, para mellorar a eficiencia do sistema.

Existen outros temas quizais tan importantes. Cada un dos que len estas liñas seguro que os engadirían. Non obstante, as unidades responsables da xestión sanitaria (cada vez máis hipertrofiadas ¿e correctamente avaliadas?) son quen debería pór os medios para que a atención sanitaria avance cara un mellor cumplimento do establecido no artigo 43.1 da Constitución; iso si, non nos debemos olvidar tamén da responsabiidade individual de cada un dos que formamos parte do sistema sanitario (xestores, persoal dos servicios de saúde, e como non, os pacientes e a sociedade no seu conxunto).

Diego Terceiro Lopez

Coordinador GdT de Responsabilidade Profesional da AGAMFEC

*coas excepción de Cataluña e Andalucía, que xa tiñan a Sanidade transferida nos anos 1981 e 1984

Referencias para ampliar contido:

1 Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad. Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1986-10499

2 No 2017 evaluouse tímidamente a creación dun organismo similar o NICE británico. Ver: https://www.redaccionmedica.com/secciones/sanidad-hoy/facme-plantea-crear-un-observatorio-que-evalue-las-politicas-sanitarias-2773

3 Rescatado dunha entrada do blog El rincón de Sísifo referente a este tema (ver: https://elrincondesisifo.org/2014/09/30/la-atencion-primaria-en-los-tiempos-del-hospitalocentrismo-nosinprimaria/) e artigos como Basu, S., Phillips, R. S., Berkowitz, S. A., Landon, B. E., Bitton, A., & Phillips, R. L. (2021). Estimated effect on life expectancy of alleviating primary care shortages in the United States. Annals of internal medicine174(7), 920-926 ou novas como “Un médico de familia es más efectivo contra la muerte que un fármaco  innovador” (dispoñible en https://www.lavanguardia.com/vida/20250411/10574950/medico-familia-15-anos-reduce-25-mortalidad.html).

4 Como exemplo, a implementación do uso da Dermatoscopia. Véxase o artigo Herschorn A, et al. Dermoscopy for melanoma detection in family practice. Can

Fam Physician 2012; 58:740-745 ou o informe Informe sobre la eficacia, efectividad, seguridad y coste-efectividad del uso del dermatoscopio para el diagnóstico y seguimiento clínico de las lesiones cutáneas pigmentadas en Atención Primaria de Salud (disponible en https://sescs.es/wp-content/uploads/2015/09/Informe_Dermatoscopia-en-AP_2017.pdf)

Escribe a gruposdetraballo@agamfec.com se queres formar parte deste Grupo de traballo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies