XXVIII Xornadas AGAMFeC de Medicina Familiar e Comunitaria

Estimados compañeir@s, é un pracer para nós convidarvos ás XXVIII Xornadas AGAMFEC, que se celebrarán na Coruña os días 29 e 30 de maio do 2026.
A imaxe escollida para estas xornadas “Os menhires pola paz” do escultor Manolo Paz parécenos moi representativa da cidade e ademais acércanos ao significado que ten ser médic@ de familia. Os menhires evocan a familia, evocan unha comunidade cohesionada e dan sentido de pertenza. A sua presenza modifica a paisaxe, creando unha dinámica propia entre terra, ceo e mar. Do mesmo xeito, a medicina de familia contribúe a cambiar a paisaxe dos pacientes, conversando con eles, coas súas familias e cos profesionais doutras especialidades que interveñen na sua saúde.
O desafío de seguir coidando” é o lema escollido nesta ocasión, pois é para nós a gran prioridade como médicos de familia, aínda que hoxe en día é todo un desafío levalo adiante coa situación laboral que estamos a vivir.
Coa finalidade de actualizar coñecementos, mellorar as nosas habilidades e achegarnos ás novas realidades sociais que atendemos na consulta a diario, contaremos con obradoiros así como mesas de actualización clínica. Haberá tempo de debate para reflexionar, escoitarnos e pensar cara onde queremos que camiñe a Atención Primaria do futuro. Abordaremos o reto de cómo seguir escoitando e explorando os pacientes en tempos de intelixencia artificial, así como o noso traballo no ámbito rural e na comunidade.
Estas Xornadas son unha boa razón para que médicos e médicas de familia apaixonados pola atención primaria volvamos a estar xuntos.
Agardámosvos na Coruña!
O Comité Organizador e Científico das XXVIII Xornadas AGAMFeC
WEB DAS XXVIII XORNADAS AGAMFeC

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies