Xuntos En Vigo Por Unha Atención Primaria Digna

Posiblemente sobraban bandeiras, pero onte viuse unha impresionante manifestación en Vigo, na que unhas 40.000 persoas marchaban únicamente detrás dun lema: Por unha Atención Primaria digna”.

Levaban esa pancarta os MÉDICOS DE FAMILIA (así con maiúsculas) que non puideron aguantar máis a deterioración nas nosas condicións, non xa de traballo, senón de servizo aos nosos pacientes, o verdadeiro fin da nosa nobre profesión.

Alí estabamos, mostrando o noso apoio e compromiso, médicos de todas as áreas de Galicia, médicos dos PAC, sanitarios de todas as categorías e un gran número de cidadáns sen cor política, que entenden que a atención primaria é cousa de todos, e que os recortes na mesma diminúen os seus dereitos e a súa saúde.

Emocionou oír os seus aplausos ao pasar e as súas mostras de apoio e proximidade. Aplaudían aos seus MÉDICOS e esta vez non era polo seu gran esforzo día a día no seu traballo e os seus desvelos polos coidados sanitarios, esta vez era un apoio á súa valentía, a saber dicir Xa abonda! a unha situación insustentable.

Non se reivindicaba nada para nós, os médicos sabemos como movernos polo sistema sanitario, o que pedimos é nin máis nin menos, que recursos, dignidade, respecto e igualdade de servizos ao cidadán independentemente de onde viva. Tan difícil é de entender?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies