Jornada Alianza Cáncer de Colon 2020

Xornada da Alianza para a prevención do Cancro de Colon

Para conmemorar o Día Mundial do Cancro de Colon, o vindeiro 26 de marzo celébrase en Madrid a Xornada anual da Alianza para a prevención do cancro de colon, que este ano ten como título ‘Estratexias para medir resultados’.

A xornada terá lugar no Hospital Clínico San Carlos, no distrito de Moncloa, e nela participan diversas organizacións, asociacións e sociedades científicas, como a semFYC, ademais da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), a Fundación Cofares, EuropaColon España ou a Sociedad Española de Oncología Médica, entre outras.

O programa estará dispoñible proximamente, mais xa podes realizar a túa inscrición na Xornada da Alianza para a prevención do cancro de colon aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *