X RUTA AGAMFEC: Sendeiro da Fraga do Barragán

0 179

Data: Sábado 18 de octubre de 2014

Hora de encontro: 10.00 horas

Punto de encontro: Praza de Wenceslao Verde, Xunqueiras (Pazos de Borbén)

Finaliza no punto de partida (circular):   Si

Recomendacións: levar roupa cómoda (capa de choiva en caso de choiva) auga e bocatas. Un Consello: en caso de choivas intensas, é imprescindible o emprego de botas de trekking, xa que as estradas convírtense en lodazáis.
Ó ter un circuito circular con tre saídas posibles, a súa lonxitude non representan unha ameaza para os que consideran que o itinerario pode ser moi longo para as súas posibilidades.

O camiño dá Fraga do Barragán está ligado á auga e ó seu aproveitamento. Visitaremos unha fantástica fraga con carballos centenarioas mesturados con outras especies, que pode ser considerada coma a máis importante fraga oceánica estacional caducifolia da provincia de Pontevedra. Ademáis o camiño amosa elementos etnográficos e culturais coma levadas, muiños, corredoiras, pontes e pontellas, muros de toda clase, estradas enlousadas, un acueducto e coma broche final os restos de «A Cidade», construída sobre un castro, ó longo dun foso xunto con algunha casa reconstruída, unha lección de arquitectura civil que resiste a proba do tempo.

Se queredes unha descrición máis detallada da ruta recomendámosvos consultar as seguintes webs:
http://www.sendadobarragan.com/

http://conbotasybaston.com/prg164/prg164.html

Descargar a información da ruta

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies