Xa están dispoñibles os vídeos da 89th EGPRN Meeting de Vigo

0 33

Xa pasaron uns meses mais aínda está na memoria de todos os asistentes á 89th EGPRN Meeting de Vigo todo o que houbo a oportunidade de ver, escoitar, debater, reflexionar e compartir durante os tres intensos días de outubro nos que se celebrou o encontro.

Foi a primeira vez que se organizou en Vigo (e en Galicia) unha conferencia internacional de medicina de familia. Coa iniciativa da European General Practice Research Network e o apoio da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), así como da Red Española de Atención Primaria (REAP), tivo lugar na cidade olívica entre os días 17 e 20 de outubro.

O tema da reunión foi General Practice and the Community: research on health service, quality improvements and training, e se enfocou na investigación dentro da comunidade, non só no ámbito sanitario senón máis alá, promovendo a participación cidadá e valorando os determinantes sociais dos pacientes.

Agora, botando a vista atrás, na nosa canle de YouTube poderás atopar todos os vídeos das sesións que tiveron lugar durante o encontro, accesibles para todas as persoas que queiran velos.


Aproveitamos para lembrar que os días 16 e 17 de outubro terá lugar a 90th EGPRN Meeting que, nesta ocasión e debido á situación actual producida pola pandemia da COVID-19, será unha conferencia virtual que xirará arredor da Digital medicine and e-health.  Podes consultar toda a información e inscribirte facendo clic neste enlace ou na imaxe.

 

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies