VACGAL a nova App de vacinas da Consellería de Sanidade

Dende este 3 de abril, pon a disposición dos cidadáns galegos o seu historial de vacinas, así como información sobre os calendarios vacinais, a vacinación en viaxeiros, os recordatorios de vacinas pendentes e a xestión da solicitude de citas para vacinarse… , todo elo dun modo sinxelo e áxil a través do seu dispositivo móbil,smartphone ou tablet.

Todos os usuarios que dispoñan de tarxeta sanitaria a poden descargar de xeito gratuíto desde a Apple Store (para os sistemas IOS) ou a Play Store (sistema Android).

O Programa Galego de Vacinación posibilitará aos usuarios da aplicación a información das vacinas propias, así como a consulta das dos seus fillos menores ou maiores a cargo , sempre con seguridade e dentro do marco legal da protección de datos.

A app permite:

1. Coñecer o calendario vacinal vixente do Programa galego de vacinación, tanto infantil como de adultos

2. Consultar en calquera momento os datos que ten o programa sobre a vacinación propia ou das persoas a cargo

3. Ver a correspondencia entre as vacinas administradas e o calendario vacinal que lle corresponde a cada persoa por idade

4. Recibir recordatorios sobre vacinas pendentes, próximas a administrar

5. Tramitar citas para vacinarse mediante o propio dispositivo móbil

6. Recibir notificacións do programa sobre novas relacionadas coa vacinación e/ou campañas vacinais

7. Consultar información sobre vacinación e viaxes

Xuntamos o folleto coa información sobre a App e as suas utilidades,  e onde poderá atopar  pormenorizadamente as condicións de acceso para os seus pacientes ou as persoas ao seu cargo.

20180402.- folleto_vacgal_galego.- DEFINITIVO

Unha nova ferramenta que pode converterse nunha canle áxil e dinámica de comunicación entre o Programa galego de vacinación e os seus usuarios, facilitando o proceso e achegando as vacinas aos cidadáns galegos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies