AGAMFEC INFORMA COVID19

Urxencias como problema, medicina de familia como solución

Nota de prensa de AGAMFEC

AGAMFEC, principal sociedade das médicas e médicos de familia de Galicia quere manifestar a súa postura sobre o tema da especialidade de Urxencias.


Desde a publicación do decreto de creación de especialidades e de Áreas de Capacitación específicas (ACE) estamos a asistir a un debate sobre a conveniencia de crear unha nova especialidade de Urxencias. A primeira consideración que facemos é que unha nova especialidade debe responder a unha necesidade sanitaria e social e a un contido, un corpus de coñecemento que a sustente. Nada disto sucede. A urxencia é transversal a todas as especialidades. Pasamos da sanidade con enfermidades agudas de pasadas décadas a unha situación de complexidade e cronicidade. Os servizos de urxencia, que no pasado atendían pacientes agudos, agora están colapsados polas descompensacións dos pacientes con patoloxías crónicas. É por tanto máis necesario que nunca a visión global e integradora do paciente. A área de capacitación, que defendemos, supón un plus na formación de profesionais cunha especialidade xa acreditada e con praza asistencial en activo, aos que se lles somete a avaliación para comprobar a adquisición de competencias para desenvolver o seu traballo no ámbito de urxencias e emerxencias.


Apostamos por unha formación e superespecialización pero a partir dun tronco común, dunha especialidade que agora mesmo presta os seus servizos nos dispositivos de urxencias con gran eficacia. Xa sexan médicos de familia ou internistas. E eses profesionais con experiencia e coñecementos de medicina pode facer, no seu traballo, unha superespecialización a través dunha ACE, co que o sistema sanitario non sufrirá fragmentación e aproveitará a súa dobre potencialidade. Na situación actual de cronicidade é o que o sistema necesita: profesionais polivalentes e versátiles que poidan adaptarse a distintas áreas de atención, facilitando a transición e a xestión de recursos humanos tan necesario tamén para a administración sanitaria


Recentemente, responsables de Agamfec trasladaron á consellería estes argumentos coa intención de colaborar na boa organización sanitaria pero, desde a administración insístese en que a especialidade servirá para evitar a competencia entre os médicos de familia que queiran traballar en urxencias ou en Atención Primaria. Seguen sen darse conta que isto se debe á diferenza na calidade dos contratos en ambos os niveis, que o realizar unha área de capacitación tamén orienta ao profesional e custa crer que os que propoñen que un residente de 4° ano poida traballar nun dispositivo de Urxencias, sexan os que defendan a necesidade dunha nova especialidade para esa mesma atención
A urxencia non é unha porta de entrada ao sistema sanitario, é moitas veces a constatación dun fracaso no bó coidado dos pacientes. Protexámolos cunha medicina familiar e comunitaria potente e evitaremos colapsos no sistema sanitario. Aproveitemos a capacidade dos especialistas actuais, melloremos a súa formación e non fragmentemos o sistema sanitario cuxas consecuencias pagarán os nosos cidadáns.

1 comentario en “Urxencias como problema, medicina de familia como solución”

  1. Roberto Celi Alzamora

    Totalmente de acuerdo , fundamentalmente, la ” competencia ” que existe ( que no existe en la realidad ) Se debe a que es tan grave el deterioro de la AP que los MF , prefieren Urgencias hospitalarias por sus mejores condiciones laborales

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies