Teddy O Osiño Gardián do teu fillo

En 2013 o Proxecto Croata Teddy the Guardian foi seleccionado como un dos finalistas para entrar nun programa de aceleración Europeo.
Teddy the Guardian é un oso de peluche con sensores que miden a frecuencia cardiaca do neno, presión arterial, saturación de osíxeno e a temperatura corporal, e envía os datos a través de tecnoloxías inalámbricas ao teléfono intelixente dos pais ou persoal sanitario que está atendendo ao neno.

Imagen: teddytheguardian
Imagen: teddytheguardian

 

Cada vez que o neno pon un dedo ou toca a pata do peluche sensores detectan os valores, grávanos e os transmiten en tempo real ás aplicacións móbiles dos pais ou sanitarios. Os sensores integrados no oso teñen a aprobación da FDA e CE. Realizáronse probas da exactitude dos sensores integrados en diferentes hospitais de varios países europeos.

As desenvolvedoras deste particular peluche son 2 mozas, Ana Burica e Josipa Majic, compañeiras de clase na universidade, en Zagreb.
A compañía está fabricando xa estes peluches feitos a man por uns 499$. Pero prevese que o prezo final cando estea dispoñible ao público sexa a metade ou inferior. Tamén xa están hoxe día doando osos aos hospitais en Europa para axudar aos médicos e enfermeiras a tomar as constantes vitais dos nenos.
“A idea detrás de disfrazar tecnoloxía médica nun xoguete é dar aos pais datos máis precisos, consistentes e confiables do estado de saúde do neno”, segun Majic.

Máis información en http://teddytheguardian.com/.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies