Taller de Ecografía en Urxencias

Aberto o prazo de inscrición no taller presencial do sábado 7 de marzo no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela en horario de 09:30h a 13:30h (en total 4 horas formativas).

Este obradoiro ten como finalidade o adestramento no emprego da ecografía no ámbito da atención en Urxencias.

Ofrecerá aos asistentes a oportunidade de facer exploracións ecográficas reais, con modelos reais, e manexar equipos e sondas nas condicións habituais da práctica clínica en Urxencias. Require a participación activa do alumnado.

Dirixido por Vicente Fernández Rodríguez, coordinador do Grupo de Traballo de Ecografía de AGAMFEC.

+ INFO E INSCRICIÓNS

DESCARGA O PROGRAMA PDF

– Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Nº de expediente: SA301A 2026/2-1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.