Semán sen fume 2014

0 295

O pasado mes de febreiro, Europa aprobaba unha nova Directiva do Tabaco, na que se daba a elixir entre comercializar os cigarros electrónicos como produtos médicos ou como derivados do tabaco. A Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SEMFYC) xa manifestara o seu desacordo con esta medida, por considerala un erro, xa que son contrarios a que os cigarros electrónicos se equiparen a un produto médico, aínda máis cando se descoñece as sustancias que conteñen. Con esta nova regulación prohibíase a publicidade transfronteriza, o que permitirá seguir facendo publicidade e promoción en España. No estado español ao máis que se ten chegado é a regular o seu consumo en transportes e edificios públicos, pero non en bares, a súa publicidade e venta segue estando nun “limbo legal”. Coincidindo coa celebración do Día Mundial sen Tabaco (31 de maio), semFYC en España e AGAMFEC Galiza temos preguntado á cidadanía a súa opinión sobre o cigarro electrónico, así como sobre a exposición ao fume do tabaco nos máis pequenos. De feito, o 95% dos galegos e galegas, fumen ou non, están a favor de prohibir fumar no coche cando hai nenos/as no seu interior. Unha iniciativa que xa se ten posto en marcha no Reino Unido.

SemFYC e AGAMFEC elaboraron unha enquisa realizada en centros de atención primaria

Na Galiza participaron centros de saúde das 4 provincias galegas, cun total de 726 persoas entrevistadas, 430 mulleres e 296 homes, entre os que 289 nunca fumaran, 217 xa deixaran de fumar e 220 aínda continuaban fumando. Estes resultados están a darse a coñecer co gallo XV Semana sen Fume, que comeza o luns 26 e remata o domingo 31 de maio, co lema Cada vez que o deixas, ¡triunfas! Unha iniciativa na que participan centros de saúde de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e que pretende recordar á poboación que os/as profesionais do primeiro nivel asistencial poden axudar as persoas interesadas a deixalo.

A exposición ao fume do tabaco en nenos e nenas

A enquisa da SEMFYC-AGAMFEC PON ESPECIAL ATENCIÓN NA EXPOSICIÓN AO FUME DO TABACO DOS MÁIS CATIVOS. Aínda que o 87% dos galegos e galegas que contestaron a enquisa saben que a exposición ao fume do tabaco resulta moi nociva para os máis pequenos, so un 12% dos galegos, fronte ao 21% do resto do estado español protexe aos nenos e nenas en todos os lugares o que en opinión do Dr. Castañal, responsable do Grupo de abordaxe ao tabaquismo galego e coordinador da semana sen fume en Galicia, “implica unha evidente indefensión dos nenos e negas galegos ante os prexuizos do tabaco así como da necesidade de realizar un importante labor de concienciación entre os adultos para protexelos”.

CIGARRO ELECTRÓNICO

O 31% dos fumadores galegos descoñece que o cigarro electrónico é prexudicial para a saúde. Existe unha gran confusión entre a cidadanía sobre o que significan estes produtos para a saúde. Compre que se regulen claramente no tocante a composición, venta, e consumo en lugares públicos incluidos bares e cafeterias, e que coma en calquera outro produto derivado do tabaco se prohiba a publicidade, promoción e patrocinio en eventos de todo tipo (espectáculos musicais, deportivos etc).

Non hai estudos que avalen a súa seguridade e eficacia para deixar de fumar

De feito, por os datos recollidos nas enquisas, tanto a nivel estatal coma galego, poden incitar a fumar a xente nova, e influír en que os que teñan pensado deixar a dependencia adíen definitivamente a decisión coa falsa creencia de que non perxudican a súa saúde.

RESULTADOS DA ENQUISA PROMOVIDA POLA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MEDICINA DE FAMILIA Y COMUNITARIA (semFYC) E A ASOCIACION GALEGA DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA (AGAMFEC) E O GRUPO DE ABORDAXE AO TABAQUISMO GALEGO (GRUGAT)

Segundo a enquisa da agamfec realizada a 726 persoas fumadoras e non fumadores das catro provincias galegas

  • So o 12% das persoas fumadoras na Galiza protexe aos cativos do fume de tabaco en todos os lugares.
  • O 94,8% dos galegos e galegas que contestaron a enquisa estarían de acordo en prohibir fumar no coche si hai nenos/nenas no seu interior.
  • O fume do tabaco resulta molesto: para o 29.5% dos fumadores, ao 86% dos que nunca fumaron e ao 61.3% dos ex fumadores
  • O 31% dos fumadores descoñece que o cigarro electrónico é prexudicial para a saúde.
  • O 95% dos galegos creen que o cigarro electrónico non debería usarse en espazos públicos cerrados, incluído bares e restaurantes.
A maioría (62.7% fumadores e 83% ex fumadores) cree que estos produtos poden influír en que a mocidade comece a fumar
Este ano o Premio sen Fume recoñece o labor de Linda McAvan e Tonio Borg por a sua implicación e decisivo impulso para la aprobación da nova Directiva Europea.
Xulio Castañal Canto
Coordinador da semana sen fume en Galicia.
Coordinador do Grupo de Abordaxe ao Tabaquismo Galego.
Centro de Saúde de Gondomar. Tlf:680427374, [email protected]

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies