Semana da Lactación Materna 2014: No século XXI, da o peito onde, e cando sexa

Do 1 o 7 de agosto celebrase en máis de 170 países a Semana Mundial da Lactación Materna, destinada a fomenta-la lactación materna, e  a mellora-la saude dos bebés de todo o mundo. A OPS/OMS recomendaa como modo exclusivo de alimentación durante os 6 meses seguintes; a partir de entonces recomenda seguir coa lactación materna ata os 2 anos, como mínimo, complementada adecuadamente con outros alimentos inocuos.

Coa Semana Mundial conmemorase  a Declaración de Innocenti, formulada por altos cargos da OMS e UNICEF en agosto de 1990 co fin de protexer, promover e respaldar a lactación materna.

¡No século XXI, da o peito onde,  e cando sexa!

Para transformar a lactación nun comportamento normativo, deben romperse os obstáculos máis importantes que impiden as mulleres decidir por si mesmas se queren dar o peito e por canto tempo. Entre eses obstáculos temos  a influencia das prácticas culturais, a mala orientación e o escaso apoio ofrecido por hospitais e servizos de saúde, as prácticas de marketing inadecuadas utilizados polos fabricantes e distribuidores de fórmulas infantís e outros substitutos da leite materna, e a falta de protección e programas que defendan a lactación no lugar de traballo.

O leite materno é o único alimento que o neno/a necesita os primeiros seis meses de vida. Outro tipo de comida ou bebida, incluíndo a auga, aumenta o risco de ter diarrea ou outras enfermidades. O leite materno é a “primeira inmunización” do neno, e non hai fórmulas alternativas para a protección. O rexeitamento cultural está vencellado ás presións, explícitas e implícitas, para non dar o peito en público. Moitas mulleres non se senten cómodas para dar o peito en público por mor do ostracismo social que ven moitas veces cando o fan. Para superar este obstáculo, as nais deben sentir apoio social xa sexa na casa ou en público, para dar o peito,  independentemente do lugar , cando o bebé este con fame ou precise de confort. Dar o peito  transmite, así, unha mensaxe clara e convincente para a súa familia, comunidade e sociedade de que a lactación é natural, e axuda a restaurar, nalgúns contextos, e incorporar noutros, a lactación como un comportamento normativo das mulleres modernas.

Descarga o cartel informativo

WBW-Poster-16×22-Spa

1 comentario en “Semana da Lactación Materna 2014: No século XXI, da o peito onde, e cando sexa”

  1. Pingback: Semana Mundial de la Lactancia Materna | Medicina Familiar y Comunitaria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies