Rosa, médica de familia, medalla Castelao

A Agamfec, a sociedade dos Médicos de familia galegos, recibiu con orgullo e ainda mais ledicia a concesión da medalla Castelao á nosa socia, amiga e compañeira Rosa Rodríguez, nunha decisión do consello da Xunta que fai por vez primera a unha médica de familia.
Todos as que a coñecemos sabemos da súa excelencia profesional a través dos cursos, talleres, charlas e organización de congresos da nosa sociedade. Tamén sabemos da súa calidez e empatía, pero quedamos impresionados e tan emocionados coma ela cando contemplamos o video dos seus pacientes dandolle unha homenaxe no día da súa despedida. Se ter o mesmo médico de familia 15 anos diminúe a mortalidade dos asegurados nun 25%, os pacientes de Rosa serán todos lonxevos despois de ter tan excelente profesional máis de 30 anos. Queremos darlle parabéns a Rosa por ser un exemplo marabilloso para os seus residentes, por ser un alicerce para os novos médicos de familia, por dar á atención primaria o prestixio que merece, por ser, de verdade, unha especialista en persoas (a diferenza dos especialistas en órganos) ca dificultade e o mérito que esto implica.
Agardámoslle unha feliz xubilación e desexamos que sexa a pioneira dunha gran lista de homenaxes aos médicos de familia galegos nestos tempos tan difíciles para a atención primaria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies