Reto Saude Andalucia sobre EPOC.

En que consiste o Reto?

A Consellería de Saúde e a Consellería de Emprego, Empresa e Comercio da Junta de Andalucía, en colaboración con Vodafone, lanzan un reto de innovación aberta para desenvolver unha aplicación móbil (app) destinada a pacientes con EPOC (Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica). O obxectivo da app debe estar enfocado á mellora da adherencia terapéutica de pacientes, a modificación de hábitos, a detección precoz, mellora da información, etc

Quen pode participar?

Pode participar no reto calquera persoa física ou xurídica maior de idade que o desexe (particulares, emprendedores, empresas, centros de investigación, universidades, etc.).

O reto está aberto a propostas individuais ou colaborativas.

 

Cal é o premio?

Premios por importe global de 30.000? e a posibilidade de validar a aplicación no Sistema Sanitario Público de Andalucía.

As propostas serán avaliadas por un xurado composto por membros da comunidade científica e tecnlógica, do sector público e privado.

Mais informacion e inscricion premendo aqui

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *