Resumo XXII Xornadas AGAMFEC

Durante os días 8 e 9 de febreiro celebráronse na Coruña as XXII xornadas AGAMFEC baixo o lema “Multiplicando por moito”, en alusión á excesiva carga de traballo á que temos que enfrontarnos os Médicos de Familia día a día.

Tendo en conta a OPE que se celebrou recentemente consideramos un éxito a participación de máis de 220 inscritos con moitos mozos Médicos de Familia e MIR entre eles.

8 talleres teórico-prácticos dos que todo o mundo saíu encantado polo que puiden oir , 3 mesas de debate con temas de actualidade e interese, a xa tradicional habilifeira nas nosas Xornadas que comezou creo na Toxa e segue sendo un das nosas favoritas e este ano como novidade introducimos o “experto responde” que cun formato moi dinámico cultivou gran éxito.

3 Simposiums patrocinados pola industria con gran participación tamén e con temas de interese en dermatoloxía, hepatología e EPOC.

Tras a inauguración oficial procedeuse á Asemblea da AGAMFEC onde se renovou a Xunta Directiva cunha calorosa despedida ao Presidente saínte Suso Sueiro e un cariñoso recibimento á nosa nova Presidenta Susana Aldecoa. Como o momento que estamos a vivir merécese, realizouse tamén unha reunión extraordinaria para abordar a situación actual que está a vivir a AP en Galicia.

90 comunicacións. Como comunicacion oral foron presentadas 12, das cales 6 foron resultados de investigación, 2 proxectos de investigación e 6 experiencias. Tamén houbo pósteres con defensa onde se presentaron 21 comunicacións, 2 experiencias e 19 casos clínicos. A comunicación que na que recaeu o primeiro premio foi a experiencia titulada: ” Salubrízate: en harmonía coas persoas e a contorna”, dos autores Santiago Fernández Blas, Néstor J Sánchez Sánchez, Karin Meier Cacharo, Olaya López Pereiro, Alejandra Martínez Franco e Lucía Estevez Valencia. O segundo premio foi para o proxecto de investigación titulado “Cuestionario Cambados: unha ferramenta para definir vos e- senior chronics”, cuxos autores son Ismael Said Criado, Gloria González Cristobo, Modesto Martínez Pillado e Antonio Anxo Regueiro Martínez. Os casos clínicos que destacaron foron “Fibromialxia: a comunicación tamén é unha opción” das autoras Ana Mozo Ríos, Alba López Souto e Noelia Rabuñal Fernández e ” Non todo é ou que parece” de Cristina Rodríguez Díaz e Leticia Boyero Fernández.

Durante o acto de clausura tributouse unha merecida homenaxe a Ceferino Pérez que desenvolveu case toda a súa vida profesional no Centro de Saúde de Cambre onde ao seu lado formáronse moitos Médicos de Familia , hoxe traballando en distintos lugares que quixeron demostrar o seu agarimo e agradecemento a un referente da Medicina de Familia galega que a pesar das adversidades da saúde seguiu traballando como docente incansable ata a súa recente xubilación.

Clara Guede Fernández, responsable do Comité Científico.

Rosa Rodríguez Álvarez , responsable do Comité Organizador.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies